Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Física para a Arquitectura 1 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Física para a Arquitectura 1 | Código | 630G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Proba mixta | A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 | Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos. As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta. Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de Non Presentado, ao non cumplirse os requisitos para a consideración da proba obxectiva. |
30 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Solución de problemas | A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 | Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. | 7.5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Proba obxectiva | A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 | Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico. O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional. Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga. O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas. |
60 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Traballos tutelados | A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 | Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. | 2.5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Observacións avaliación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
O aprobado fíxase tanto en primeira como en segunda oportunidade en cinco puntos sobre un máximo de 10
O non seguimento dos requisitos indicados supoñerá unha cualificación de NON PRESENTADO na oportunidade correspondente. Nota aclaratorio sobre asistencia e avaliación para o estudantado de segunda e posteriores matrículas na materia, (coa condición de cumprimentar no curso inmediatamente anterior o 80 % esixido): Quen non supere o 40% da asistencia total non poderá presentarse á primeira oportunidade e si á segunda, pero só sobre nove puntos. Se supera o 40% de asistencia total, poderá presentarse na primeira oportunidade. O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á cualificación complementaria, cando despois de superar o 40% de asistencia ás clases teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que entregase ao longo do curso académico. CRITERIOS DE CORRECCIÓN: se adecuan aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os erros conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun erro numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos, así unha equivocación de signo significaría un erro do 200%.
|
|