Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Muñoz Fontenla, Luis W
Correo electrónico
l.w.munoz.fontenla@udc.es
Profesorado
Di Felice Vázquez, Mario Francisco
Iglesia Perez, Manuel de la
Lopez Bahut, Maria Emma
Muñoz Fontenla, Luis W
Correo electrónico
m.difelice@udc.es
m.iglesia1@udc.es
emma.lopez.bahut@udc.es
l.w.munoz.fontenla@udc.es
Web
Descrición xeral
Para o emprazamento e desenvolvemento dos exercicios de Proxectos 3 elíxese un ámbito xeográfico do territorio galego que pertenza a unha área urbana máis ou menos consolidada, próxima ao ámbito de actuación utilizado en Proxectos 2. Escollido en función do interese urbano, cultural e patrimonial do lugar, e da pertinencia e adecuación do mesmo aos obxectivos e exercicios expostos.
Os traballos do cuadrimestre, situados nun mesmo ámbito urbano, ordénanse por fases sucesivas relacionadas entre si. O obxectivo fundamental consiste en ensinar a pensar ao alumno no medio construído urbano, para o que haberá de desenvolver habilidades e estratexias específicas.
O método baséase en "aprender facendo" nun lugar concreto, de modo que os temas propostos nos exercicios son de complexidade crecente. Trátase de fomentar unha progresión na aprendizaxe coa que o propio alumno senta estimulado. A noción de espazo arquitectónico, a súa expresión formal e a relación co medio deben formar parte esencial da bagaxe adquirida.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades iniciais, Análise de fontes documentais, Lectura e Esquema.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral, Proba obxectiva, Discusión dirixida e Taller: Realizaranse de modo non presencial. Saída de campo: Axustarase ás posibilidades.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas empregadas / Temporalización:
Correo electrónico / Permenente
Moodle / Permanente
Teams / Segundo calendario oficial
4. Modificacións na avaliación
Non se modifican as condicións de avaliación.
*Observacións de avaliación:
As probas obxectivas realizaranse de modo non presencial.
Para os alumnos estranxeiros poderase substituír a proba obxectiva por un traballo tutelado proposto polo profesor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías