Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Louzan Lago, Felipe
Correo electrónico
felipe.louzan@udc.es
Profesorado
Louzan Lago, Felipe
Correo electrónico
felipe.louzan@udc.es
Web
Descrición xeral
Capacitar aos alumnos en todo o relacionado coa xestión, planificación, control e transporte de cargas líquidas, cargas sólidas a granel e transporte de mercadorías perigosas
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Estudo de casos (problemas, exercicios e/ou traballos tutelados)
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Todas as metodoloxías citadas previamente serán levadas a cabo de forma telemática (Teams) co apoio de Moodle para a entrega dos problemas, exercicios e traballos tutelados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para resolver dubidas e facer o seguimento dos exercicios tutelados.
- Moodle: A través de foros.
- Teams: Sesións en gran grupo e grupos medianos e reducidos para o avance dos contidos teóricos-prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Escola.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación continua (pre-final) faráse de forma telemática. a avaliación da 1ª e 2ª oportunidade faranse de forma telemática, con dúas partes claramente diferenciadas, teoría e problemas, e cunha valoración que irá de 0-100%.
A parte teórica avaliaráse mediante un exame tipo test por Moodle.
*Observacións de avaliación:
Modifícase a nota mínima imprescindible para facer media aritmética entre as dúas partes (teoría e problemas), que pasa de 5.0 puntos a 4.0 puntos nalguna das partes. En calquer caso, a nota media debe ser, como mínimo, 5.0 puntos.
O alumnado debe gardar e custodiar os exames manuscritos no seu poder.
O profesorado manterá conexión co alumnado vía Teams durante o exame para aclarar calquer dúbida, e ten a posibilidade tamén de preguntar ou solicitar a conexión da cámara do alumno en calquer momento.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías