O sistema de avaliación descrito,
constitúe a denominada “avaliación continua” e o alumnado que supere tódalas probas
parciais (5 en total: 3 prácticas e 2 teóricas) cunha nota media igual ou
superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen
subir a nota do curso. As probas avaliaranse en base 10, e a nota mínima para
poder compensar por media aritmética cada unha de elas a hora de obter a nota do
curso será dun 3,5. En caso de obter nalgunha das probas unha nota inferior a
un 3,5, para o cálculo da nota empregarase a media xeométrica ponderada das probas
(dando maior peso a menor nota obtida). En caso de non presentarse a algunha
das probas parciais considerarase que o alumno non está seguindo o sistema de
avaliación continua descrito e será avaliado por curso como non presentado.
Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua descrito ou
suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da
convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas
parciais non librarán materia para o exame final.
O exame final (tanto da primeira coma da
segunda oportunidade) constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo, diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do
exame corresponderase coa media xeométrica ponderado da das partes (dando maior
peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algunha das partes, a
nota do exame será de cero.
O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle
exixirá unha asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen
embargo, deberán acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou
non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.
Os criterios de avaliación contemplados no
cadro A-II/1 do Código STCW na súa forma emendada, e recollidos no Sistema de
Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a
avaliación.