O traballo da materia centrarase na realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos desenvolvidos naquelas materias de manobra e navegación de cursos anteriores. Estes exercicios levan a cabo no simulador de manobra e navegación.
Ao longo do curso proponse distintos escenarios e diferentes modelos de buque ao obxecto de que o alumno desenvolver cada exercicio nun ambiente o máis próximo posible á realidade e que adquira unha bagaxe adecuada de experiencias que complementen os coñecementos teóricos adquiridos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarían modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteríanse todas as metodoloxías docentes
*Metodoloxías docentes que se modifican
Substituiríanse as clases presenciais por sesións a través de TEAMS
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
TEAMS: Os docentes estarán conectados nesta plataforma en horario normal de tutorías para atender ao alumnado mediante o servizo de chat ou videoconfrencia.
Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do
alumnado a través do correo electrónico.
4. Modificacines na avaliación
*Observacións de avaliación:
Metodoloxía:
Proba obxectiva, síncrona (exame)
Peso na cualificación:
100 %
Descrición:
Exame Realizado de maneira síncrona a través de Moodle
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións na bibliografía ou webgrafía. En todo caso lembraráselle ao alumnado que o profesorado estará á súa disposición a través das canles descritas para a resolución de calquera dúbida ou explicación adicional que necesiten.
Información adicional: A asistencia ás prácticas da materia vai asociada tamén á emisión dos certificados correspondentes de Observador de Radar de Punteo Automático(ARPA) e de Sistema de Información
e Visualización de Cartas Electrónicas SIVCE ou ECDIS como se coñece internacionalmente. En caso de suspenderse a docencia presencial por motivo do COVID habería que desligar a superación da materia da emisión dos devanditos certificados e estes non poderían emitirse.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías