Os estudantes que
participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% do total das
clases, a avaliación continua supón o 70% da nota, e ao longo do cuatrimestre
realizaranse probas parciais que lles permitan acadar o restante 30% da nota.
Os estudantes que teñan
realizado a avaliación continua pero non superasen a materia trala realización dos
parciais, terán a oportunidade de acadar o restante 30% da nota nun examen
final de toda a asignatura na
primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia.
Os estudantes que decidan
NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba Obxetiva
que constituirá o 30% da avaliación, consistente nunha Proba individual de
asimilación de coñecementos teórico-prácticos e solución de problemas e outra
proba de programación dos métodos numéricos estudiados que constituirá o outro 70%
da nota.
O alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo
establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira
manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, deberá asistir ó
50% das clases, eximíndolle da asistencia ás clases teóricas, de non poder
asistir a elas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a
titorías onde realizará probas equivalentes.