A nota final obtense sumando a nota obtida no exame, e a nota obtida nos traballos voluntarios.
Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 na parte teórica do exame, e un mínimo de 4 sobre 10 na parte práctica do exame de uso do programa Abaqus. Non se gardan as notas de partes illadas do exame entre oportunidades de avaliación.
A nota final calcúlase sumando á nota do exame a nota das prácticas voluntarias cun valor máximo destas de 2 sobre 10.
Para aprobar a materia é preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 e cumprir a condición de nota mínima establecida para as dúas partes do exame.
Se non se supera unha das partes do exame:
- Non se terá en conta na nota final a calificación do traballo de curso
- A nota que figurará nas actas será a media aritmética das dúas partes do exame, cun máximo de 4,9
Os estudantes que concurran á "convocatoria adiantada" poderán
solicitar e realizar o traballo voluntario de curso co fin de que sexa considerado na calificación final. O traballo deberá solicitarse como mínimo cun mes de antelación respecto á data oficial do exame e a entrega será antes da realización do mesmo.