Na materia de Álxebra deséxase que os estudantes adquiran unha serie de coñecementos matemáticos que lles permitan obter unha base sólida sobre a que construír os coñecementos de moitas outras materias.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías.
Tanto as sesións maxistrais como as de resolución de problemas realizaranse con metodoloxías similares ás utilizadas presencialmente pero online, e no horario que ten a materia asignado no calendario da Escola. As titorías realízanse preferentemente a través de Microsoft Teams. O material audiovisual adicional xerado estará dispoñible para os estudantes a través do Moodle da materia. As probas curtas e os problemas con entrega que se teñen en conta para a avaliación continua, así como a proba de MATLAB e os exames parciais e finais realizaranse a través da plataforma Moodle, co apoio do Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar reunións a través de Teams.
• Moodle: diariamente. Crearase o “Foro de consultas, dudas y sugerencias”
• Teams: diariamente para titorías individuais.
4. Modificacións na avaliación: o sistema de avaliación non se modificará.
*Observacións de avaliación:
En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de:
a) (nota do exame (ou exames)) x 0'7+ (nota de MATLAB) x 0'05 + (nota de curso) x 0'25.
A nota de curso calcúlase a partir da nota das probas (50%) e da nota de problemas (50%).
Para que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das clases de problemas. Rexistrarase a asistencia ás clases de problemas aínda que estas sexan virtuais (a través de Teams) .
A peor nota tanto de probas coma de prácticas non se terá en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar un problema, descartarase o cero que iso supoñería).
b) (nota do exame (ou exames)) x 0'95 + (nota de MATLAB) x 0'05.
Para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías