A asignatura pretende dar unha formación básica en cálculo de probabilidades e inferencia estatística, con énfase nas técnicas e contidos máis frecuentemente usados en Enxeñaría Civil.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se consideran modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías previstas, coas adaptacións descritas no seguinte parágrafo.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Tanto as sesións maxistrais como as de resolución de problemas realizaranse con metodoloxías similares ás utilizadas presencialmente pero online, e o horario que ten a materia asignado no calendario da Escola. O material audiovisual xerado estará dispoñible para os estudantes a través do Moodle da materia.
As prácticas propostas ao longo do curso entregaranse de forma individual, a través de entregas de Moodle.
As probas de resposta breve, así como a proba obxectiva ou exame final, realizaranse a través do recurso Proba da plataforma Moodle.
Para facer compatibles as prácticas con entrega, probas de resposta breve e exame final coa resolución e entrega non presencial e evitar no posible a copia ou suplantación da identidade, levaranse a cabo adaptacións como a resolución secuencial dos problemas propostos ou a asignación aos/ás estudantes de versións lixeiramente diferentes entre si. Estas adaptacións conlevarán un cambio no tipo de problemas propostos, que serían máis breves e con menos dificultades engadidas de concepto ou de cálculo.
Ademais, posteriormente ao exame final requerirase a disponibilidade do/a estudante para unha breve entrevista por Teams na que o profesor poderá pedir explicacións sobre as solucións aportadas polo/a estudante.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse preferentemente a través de Microsoft Teams. A temporalización será diaria segundo a demanda dos/as estudantes.
4. Modificacións na avaliación
Se NPT é a nota promedio de prácticas e tests, nas dúas convocatorias a nota final calcularase como a media de NPT e a nota do exame, nos casos nos que a nota do exame sexa maior ou igual a 4, e menor que NPT; noutro caso a nota final será a do exame. É dicir, a nota NPT supón un 50% da nota final, pero só se ten en conta se sube a nota do exame e ademais esta non é inferior a 4 puntos.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
As referencias bibliográficas apórtanse como material de consulta recomendado e non esencial para o desenvolvemento do curso. O material publicado no Moodle da asignatura considérase suficiente para a preparación da mesma, e as referencias que o posible peche das bibliotecas podería facer inaccesibles na súa versión física son facilmente substituíbles. En todo caso informarase de distintos recursos libres dispoñibles na web.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías