Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte Código 632G01057
Titulación
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Optativa 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Novales Ordax, Margarita
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
xacobe.paz@udc.es
Web
Descrición xeral A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán. Nesta materia estudarase a problemática particular da mobilidade no ámbito urbano e metropolitano, con capacidade para aplicar as solucións tecnolóxicas específicas en infraestrutura, vehículos e sistemas de explotación; e para xestionar o tráfico e o transporte urbano e metropolitano. Analizarase o funcionamento e as ferramentas para o deseño das infraestruturas para o intercambio entre modos de transporte.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non experimentarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías que tivesen lugar antes de entrar en situación de confinamento ou corentena. Mantéñense os traballos, prácticas e resto de metodoloxías docentes. No caso de traballos e prácticas a súa entrega farase a través de Moodle, mediante a opción "tarefa", da mesma forma que se adoita realizar cando a docencia é presencial. As probas de resposta múltiple, no seu caso, realizaranse tamén mediante Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e de solución de problemas pasan á modalidade non presencial, mediante as ferramentas de Teams e Moodle. Os traballos e prácticas supervisaranse de maneira non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 3 horas/semana Correo electrónico: De forma continuada. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de realizar titorías personalizadas en Teams, á demanda, solicitanto a titoría por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Os pesos de cada unha das actividades de avaliación mantéñense. No caso de que non sexa posible realizar unha avaliación presencial, pasarase a unha modalidade non presencial. Dentro desta modalidade non presencial poderanse realizar exames orais, exames con probas de resposta múltiple a través de Moodle, exames con probas de resposta curta, ou exames de contidos prácticos mediante tarefas en Moodle. *Observacións de avaliación: Salvo que se diten por parte da UDC outras normas de obrigado cumprimento as condicións serán as especificadas na guía docente coas modificacións especificadas no parágrafo anterior. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se propoñen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes