A.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo completo
A distribución porcentual da cualificación para estes estudantes
será:
... Asistencia a sesións maxistrais e estudo de casos (10%)
... Solución de problemas (30%)
... Probas mixtas (60%)
A cualificación por "sesión maxistral" basearase na
asistencia a clases do estudante. A porcentaxe mínima esixido de
asistencia é do 80% das horas de clase. A asistencia se controlará mediante
a firma do alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai
dun mínimo de 0 puntos (cando se ten o mínimo do 80% de asistencia) a un
máximo de 1 punto (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a
puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas
(0; 80) e (1; 100).
A cualificación de "solución de problemas" será a
media ponderada das cualificacións obtidas en cada un dos traballos de
"exercicios prácticos". O alumno deberá aprobar a práctica.
As "probas mixtas" serán distribuídas ao longo do
período de docencia. Os profesores establecerán, con polo menos 1 semana de
antelación, data e hora para a realización de cada proba mixta.
Para soubenrar a materia o estudante deberá aprobar (é dicir,
obter un 5 sobre 10) cada unha das probas mixtas. De cada proba mixta
aprobada gardarase a cualificación obtida.
Por tanto, as oportunidades oficiais, nas datas establecidas
polo Centro, serán utilizadas para a re-avaliación da(s) proba(s) mixta(s)
non aprobada(s) durante o período de docencia.
Tamén, o estudante que o desexe poderá utilizar a "primeira
oportunidade oficial" para re-avaliarse cofin d e mellorar a
cualificación dunha ou máis probas mixtas que xa superase.
B.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo parcial
Por normativa, os estudantes a tempo parcial están exentos da
obrigación de asistir a clases. Por tanto, a puntuación correspondente (10%)
distribuirase entre as metodoloxías da avaliación continua. De modo que, a
distribución porcentual da cualificación para estes estudantes será:
... Solución de problemas (35%)
... Probas mixtas (65%)
En todo o demais, ao estudante a tempo parcial seranlle de
aplicación as mesmas condicións e requisitos aplicadas aos seus compañeiros a
tempo completo descritas no apartado A.
Recoméndase que os estudantes a tempo parcial manteñan
comunicación fluída a través de correo electrónico cos profesores, co
obxectivo de resolver dúbidas, concertar tutorías, etc.
C.- OBSERVACIÓN FINAL XENERAL
"O primeiro día de clases, os profesores explicarán e
resolverán dúbidas sobre estes criterios de avaliación".
|