Proba de resposta múltiple |
A5 A6 A11 A12 A13 A29 B11 B12 B13 B1 B2 B5 B7 C6 |
Ao longo do curso levaranse a cabo unha serie de cuestionarios, na modalidade de resposta múltiple (test), ao obxecto de desenvolver unha avaliación continua dos resultados da aprendizaxe do alumnado en diversos temas. Ditas probas levarán a cabo a través da plataforma Moodle, en días e horas consensuadas co alumnado. |
35 |
Solución de problemas |
A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 |
Solución de problemas na aula.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia. |
15 |
Proba de ensaio |
A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 |
Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico.
O peso establecido para estas probas refírese á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia. |
40 |
A avaliación da materia realizarase conforme a cualificación obtida nas seguintes actividades: - Traballo tutelado, a realizar individualmente polo alumnado. A súa data de entrega definirase ao longo do curso e esta realizarase a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Supoñerá o 10% da cualificación final.
- Exercicios prácticos para a súa resolución persoal polo alumnado. Propoñerase a realización de 3 exercicios prácticos, con entrega mediante unha tarefa de Moodle. Supoñerán o 15% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante.
- Exercicios teóricos para a súa contestación persoal polo alumnado. Exporase a realización, ao longo do curso, de probas teóricas para realizar un seguimento da aprendizaxe, a través da plataforma Moodle. O peso conxunto dos mesmas será do 35% da cualificación final.
- Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 30% da cualificación final) e un exame de problemas (cun valor do 10% da cualificación final).
Para aprobar a materia é preciso aprobar a proba de avaliación final (5 sobre 10). Dita cualificación obtense como media ponderada a partir dos exercicios de teoría (75%) e problemas (25%). A cualificación mínima en cada exercicio para levar a cabo dita suma ponderada é de 4 sobre 10. No caso de non aprobar a materia na primeira oportunidade, gardarase a cualificación de todos os exercicios e probas que estean aprobados (5 sobre 10) para a segunda oportunidade.
|