Cualificación de Non presentado: Otorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos
exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o
esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o
almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser
denegada a entrada á sala
de exames con este tipo
de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso
de calculadoras durante la realización das probas presenciais.
Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.
Para a segunda oportunidade: Manterase a parte de
avaliación continua (traballos tutelados e proba de resposta múltiple)
aínda que pasará a pesar un 50% da nota da oportunidade. Dentro da cualificación
da avaliación continua as probas de resposta múltiple manterán o dobre do peso
que os traballos tutelados. Farase unha proba mixta presencial de características
análogas ás da primeira oportunidade que suporá o outro 50% da cualificación da
oportunidade.
Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.
Plataforma virtual: Para
seguir a materia e obter
todos os materiais básicos
dela, usarase o campus
virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera apropiado, poderá
usarse a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es. Neste caso facilitaráselle a cada
estudante un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información
precisa para acceder a esta plataforma virtual.