Proba obxectiva |
A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 |
É un exame escrito que constará de dous partes: unha parte teórica e unha parte práctica de liquidación de impostos. A cualificación da proba farase sobre 10 puntos, que será o resultado da valoración conxunta das dúas partes , sendo necesario alcanzar un mínimo en cada unha delas (2,5 puntos). |
40 |
O exame escrito realizarase nas datas fixadas polo centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo. Dita proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de 10 puntos. A cualificación obtida ponderarase polo 70% para formar a cualificación global da materia.Tanto a entrega de exercicios e supostos de liquidación resoltos polo alumno como a de traballos farase nas datas que estableza o profesor, pero sempre do período lectivo do primeiro cuadrimestre. Non se admitirán traballos fóra deste prazo, pero no caso de presentalos a súa cualificación manterase para a segunda oportunidade do mes de xullo. No mes de xullo só se realizará o exame escrito, non se admitirán a presentación do resto de probas que teñen que realizar Tal como establece o acordo marco para a elaboración das guías docentes da Facultade de Economía e Empresa:- Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Oportunidade adiantada e segunda oportunidade:os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
|