Os criterios de avaliación son válidos tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
A
superación da materia precisará que o estudantado sexa valorado tanto
na sua participación es "estudio de casos" como na "proba mixta".
A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).
Calificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando so participe en actividades
de avaliación cunha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Convocatoria
adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación:
consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións
teóricas e prácticas na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e resultados de aprendizaxe da
materia.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia. Proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas1 e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.
CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN:
está prohibido o acceso ás aulas de exame con
calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que
o profesorado responsable da materia así o estableza.
O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da
proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da
Coruña