Traballos tutelados |
A4 B2 B7 C1 |
Para valorar o traballo tutelado a desenvolver durante o curso, terase en contan o desenvolvemento do estudo básico sobre os temas propostos, tendo en conta a aproximación experiencial -profesional ou práctica- expresada, así como a interpretación deste polo alumno dende os modelos teóricos da Antropoloxía da saúde ou da discapacidade. |
40 |
Lecturas |
B3 C4 |
Valorarase a capacidade de análise, identificación de problemas e argumentación crítica de respostas a estes na presentación e comentario persoais, seguidos de debate, ao final das sesións, sobre lecturas escollidas de Antropoloxía e etnografía da saúde e a minusvalidez |
30 |
- Os alumnos semipresenciais, ou aqueles que non asistan polo menos a 2/3 das sesións do curso, deberán realizar obrigatoriamente a proba obxectiva, así como as restantes metodoloxías contempladas, aínda que só a primeira será realizada presencialmente.
- Os alumnos asistentes regulares poderán voluntariamente optar por realizar a proba obxectiva. Se optan por non realizala, o traballo tutelado suporalles un 50% da cualificación, as lecturas un 35% e as recensións bibliográficas un 15%
- Os alumnos que se presenten á convocatoria de segunda oportunidade deberán facelo naquelas metodoloxías non superadas -ou non presentadas debendo facelo- na primeira convocatoria. En tal caso, só a proba obxectiva de 2ª convocatoria será presencial (salvo confinamento), mentres que as restantes metodoloxías cubriranse mediante envíos dos correspondentes traballos en formato dixital, e vía Moodle ou correo electrónico.
|