Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR | Código | 651G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas, e/ou estudo de casos |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Proba mixta | Durante o desenvolvemento desta proba poderanse expor preguntas abertas de desenvolvemento con enfoque clínico, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Traballos tutelados | Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. levará a cabo un traballo de estudo e revisión sobre os principais tipos de próteses e vías de abordaxe para a súa colocación a nivel de raquis e extremidades, desenvolvendo o proceso de atención fisioterápica tanto en fase hospitalaria como ambulatoria. |
Análise de fontes documentais | Levarase a cabo, individual ou grupalmente, un proceso de procura, selección e análise de artigos científicos que recollan procedementos de avaliación e/ou intervención relacionados co proceso de intevención fisioterápica nas unidades temáticas abordadas ao longo da materia. |
|