Presentación oral |
A7 B1 C3 C6 |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e exponinedo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Computa na evaluación a través das outras metodoloxías |
10 |
Recensión bilbiográfica |
A1 A3 A11 A12 A13 A14 B1 B2 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C8 |
Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia. |
10 |
Proba de ensaio |
A4 A11 A12 A13 |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para unha avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse coas probas obxectivas como a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
25 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A20 B1 C3 C6 |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Esta referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Se o alumno supera satisfactoriamente a avaliación dos traballos tutelados, eximiráselle da realización da proba de ensaio, nese caso esta metodoloxía supoñerá o 75% da cualificación |
50 |