Nesta materia se achegará ao estudante ás bases neurofisiolóxicas da psicofarmacoterapia, aos aspectos farmacocinéticos e farmacodinámicos subxacentes á actuación dos fármacos, e aos principais grupos de psicofármacos e a súa utilidade terapéutica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral.
Seminario.
Traballos tutelados.
Solución de problemas.
Proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As sesións maxistrais, seminarios e solución de problemas levaránse a cabo a través da plataforma Teams.
A proba mixta realizarase a través da plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Semanal. Sesións para a discusión de contidos das sesións maxistrais e control do avance dos traballos tutelados, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Ademais os estudantes poden formular as consultas necesarias a través do grupo de Teams da asignatura, podéndose crear diferentes canais para diferentes temas de discusión.
Segundo demande o alumnado, faránse reunions en pequeno grupo para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación:
Non se realizarán cambios. A asistencia regular e participación só se valorará ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial no caso de que os estudantes non teñan conectividade que permita o acceso á plataforma Teams en modo síncrono.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías