Nesta materia, preténdese facer un achegamento científico ao concepto de benestar psicolóxico, analizando os factores persoais e contextuais que o determinan.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos a tratar non serán alterados se non hai redución do calendario académico. Serán tratados mediante teleformación.
2. Metodoloxías
As metodoloxías poden manterse todas pasando, no caso das prácticas (traballos tutelados, recensións…), á modalidade non presencial mediante atención virtual con Teams e correo electrónico.
No caso da metodoloxía da Proba de resposta breve será realizada mediante Moodle, apoiándose en Teams para a xestión.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada será realizada mediante as ferramentas propias da UDC: Moodle e Microsoft 365 (Teams, correo electrónico, etc.)
4. Modificacións na avaliación
As ferramentas electrónicas dispoñibles permiten manter a avaliación proposta na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen troco
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías