A través desta materia poderanse ampliar coñecementos e incorporar ferramentas para mellorar habilidades e recursos en titoría, mentoría e coaching:
A nivel educativo, a función titorial forma parte da tarefa dos/das docentes. Polo xeral, a titoría abarca todas as experiencias que permiten acadar unha educación integral, fomentando actitudes e valores positivos no alumnado. Algúns dos seus obxectivos son a solución dos problemas escolares e a mellora da convivencia social. Así mesmo a titoría é tamén moi útil para conseguir que os/las estudantes plantexen problemas que poden ter en determinadas materias, non xa só polas súas cuestións persoais en materia de aprendizaxe senón tamén polo tipo de clase que imparte un/unha profesor/a en cuestión.
O mentoring é un proceso de desenvolvemento que facilita a transición das persoas nas organizacións grazas ao acompañamento de alguén que ten máis experiencia. Este materia posibilita o deseño e a implantación de programas de mentoring en calquera tipo de organización e está dirixida ás persoas que vaian exercer o rol de coordinadoras de plans de mentoring, a profesionais de Recursos Humáns que teñan que tomar a decisión de implementarlo nas súas organizacións e a aqueles/as que vaian asumir o papel de supervisores de mentores.
Trataranse os conceptos básicos do coaching, a metodoloxía que se debe empregar nun proceso de coaching e ferramentas e recursos necesarios para entrenar as competencias máis recurrentes, indicadas para aquelas persoas que desexen ou teñan a necesidade de entrenar e desenvolver a outras. O coaching persoal e profesional está tendo moita demanda nos últimos anos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías