Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Aprendizaxe colaborativa, traballos tutelados , proba mixta , presentación oral, atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican: sesión maxistral adáptanse a modalidade virtual e os eventos divulgativos, saídas de campo, etc. non poderán facerse.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Correo electrónico o quickmail: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
-Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en gran grupo ou grupos reducidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, para o avance dos contidos teóricos da materia, o seguimento e apoio na realización das tarefas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación:
En caso de confinamento a asistencia non será considerada e o alumnado será avaliado a través das tarefas, traballos tutelados as exposicións e a proba escrita individual virtual.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
|