A asistencia a clase é obrigatoria (80%). Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado:
(a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de
asistencia dun 80% (sesións teóricas e prácticas). Será avaliado seguindo os
criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario
que realice o traballo tutelado (50%), a presentación oral (20%) e a proba
mixta (30%). Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de
avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das
partes, a calificación final será de 4 puntos.
(b) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
atendendo á norma que regula o régimen de adicación ao estudo e a permanencia e
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da
Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos
4, 5 e 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue ao
docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade terá que presentar a
proposta de proxecto investigador que será valorada cun 50% da calificación
final da materia (o prazo máximo de entrega será o mesmo que para os seus
compañeiros/as asistentes) e terá que realizar o exame da proba mixta, cuxa
calificación será o 50% da nota final. Debe acadar o 50% da calificación en
cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non
acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.
(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre co requisito de
asistencia mínimo do 80%. Será avaliado únicamente a través da proba mixta, se
bien esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas
sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os
contidos teóricos. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das
metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50%
nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.
Os traballos serán entregados fundamentalmente en
formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser
reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización
dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.