Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Subjects |
Projects of innovation and educational investigation(research) in technology |
Assessment |
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Projects of innovation and educational investigation(research) in technology | Code | 652602E1I2 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatory | 2 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Directed discussion | A25 A26 A28 C1 C4 C5 C6 C8 | A valoración desta proba será individual. O alumnado deberá entregar previamente os traballos elaborados para que a docente poida preparar a discusión, de xeito que lanzará preguntas para valorar o coñecemento e reflexión sobre o propio traballo e as aportacións ás dos compañeiros. |
30 |
Supervised projects | A23 A25 A26 A28 C1 C3 | Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa. Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente. Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos pola docente. O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes: 1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado, 2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso (incluirá: contexto educativo, actividades didácticas e produto final acadado) 3. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía, no que xustificará o emprego da metodoloxía elixida e se deseñarán as actividades didácticas. 4. conclusións finais que relacionen o proxecto deseñado coa fundamentación desenvolvida. 5. referencias bibliográficas Non se valorará que se describa a ferramenta TIC empregada nin se terá en conta o espazo ocupado no mesmo. Os requisitos mínimos para acadar una avaliación positiva son: 1. contemplar significativamente os 5 apartados especificados 2. estar titorizada pola docente de xeito que se realicen alomenos unha revisión antes da súa entrega definitiva. No caso de non darse esta titorización a avaliación do traballo será sobre 5 puntos en lugar de sobre 10. 3. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica. Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento." 4. Cada alumno identificará claramente a súa responsabilidade dentro do traballo entregado, de xeito que se poda avaliar o seu traballo desde unha perspectiva individual e outra colaborativa. Tendo cada unha delas un 50% de peso na cualificación final. 5. seguir o formato establecido 6. ser entregado no plazo acordado na aula a través da aula virtual. A entrega fora de prazo suporá a avaliación na 2ª oportunidade. |
60 |
Online forum | A26 C1 C3 C4 C6 C8 | Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso. Dita participación debe ser progresiva e equilibrada ao longo do desenvolvemento do curso, non sendo valorables achegas feitas en dúas ou tres datas exclusivamente, nin as realizadas despois da data de finalización do módulo. Valorarase tanto a participación individual para a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre recursos TIC como a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final. |
10 |
Assessment comments | |||
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior) ou non se tivera presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados: - No foro virtual - Nos traballos tutelados
O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións co alumnado non asistente ao 80% da docencia, sempre e cando realice unhas actividades deseñadas pola docente que debe de entregar no prazo acordado co docente. |
|