Long answer / essay questions |
B13 C1 C4 |
Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téorico-prácticos vistos nas sesións presenciais. |
30 |
Workbook |
B13 |
Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. |
10 |

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.