Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral |
Subjects |
Insertion and labour orientation |
Assessment |
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Insertion and labour orientation | Code | 652606612 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatory | 4 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 | Consiste nun informe no que o alumnado dá conta das aprendizaxes construídas e reflexiona sobre proceso de aprendizaxe e sobre as relacións cos contidos do resto das materias do mestrado. Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase. |
25 |
Oral presentation | C1 C3 | Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade. A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado. |
10 |
ICT practicals | C3 | Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. |
10 |
Supervised projects | A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 | O resultado do traballo tutelado é unha unidade didáctica de orientación profesional para un dos módulo da especialidade escollido polo alumnado. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase. Utilizanse técnicas de auto e coavaliacion para valorar e cualificar o funcionamento do grupo e as achegas individuais ao traballo grupal. Nunha sesión de titoría grupal obrigatoria proporcionarse , a partir dos criterios de avaliación e cualificación da matriz de valoración , información sobre os aspectos destacables e a mellorar da unidade didáctica. |
55 |
Assessment comments | |||
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas presenciais e virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades feitas na aula. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas o resto das actividades. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas. Ó rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa planificación do traballo grupal. Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno. As persoas que non manteñan unha asistencia regular, realizarán unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e as tarefas grupais faranas individualmente. Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (4 puntos), presentación oral (1 punto) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia teñen que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA a) Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. b) Plaxio O plaxio en calquera das tarefas será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual |
|