Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
Datos Identificativos
2020/21
Asignatura (*)
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
Código
652606621
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
12
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Profesorado
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia céntrase na construción das competencias relativas á planificación do segundo e terceiro nivel de concreción curricular e integra as aprendizaxes promovidas desde outras materias do módulo xenérico e do módulo específico (Mercado laboral e formación profesional, Inserción e orientación laboral e Proxectos de innovación e investigación nos módulos da especialidade).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as mesmas metodoloxías que figuran na guía docente, pero empregando os medios online de que dispoñemos: Teams, Correo da UDC e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diariamente o alumnado poderá facer consultas, resolver dúbidas ou concertar titorías.
- Moodle: diariamente segundo a necesidade do alumnado para consulta de materiais didácticos, modelos de traballos, entrega de traballos, comunicacións e outros.
- Teams: en función do horario docente semanal fixado no calendario de aulas da facultade, fixaranse as sesións semanais en gran grupo e pequeno grupo, para atender as necesidades do alumnado.
Como mínimo haberá unha sesión semanal en gran grupo.
En pequeno grupo realizaranse accións de seguimento e titorización dos traballos asignados.O número de sesións empregadas será variable en función da fase do curso.
Como mínimo as asignadas no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificacións respecto os procedementos na avaliación e criterios de cualificación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizaran cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías