Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
Código
652608812
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo xeral desta materia consiste en asegurar o coñecemento dos contidos relevantes da especialidade e das súas tendencias actuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non hai.
2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades iniciais, Lecturas.
*Metodoloxías docentes que se modifican: Obradoiro e Sesión maxistral: o seu desenvolvemento será a través de Moodle e Teams, ben a través de presentacións e lecturas asociadas, ou ben por medio de sesións síncronas ou asíncronas no caso da plataforma Teams.
Traballo tutelado e Proba mixta: a súa entrega e/ou realización será realizada a través de Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Atención a través do correo electrónico, dos foros creados a tal efecto en Moodle e videotitorización a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e porcentaxes de avaliación, se ben que os comentarios e discusións derivados do Obradoiro serán realizados a través de Moodle e/ou Teams, a entrega do Traballo tutelado se realizará a través de Moodle ou do correo electrónico e a Proba mixta será realizada en Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías