-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.
-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.
-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula (ou de forma telemática) será valorada polo profesorado.
-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes aos obradoiros.
-Na oportunidade de setembro sustituirase o traballo da presentación por un traballo escrito de 8 páxinas e unha presentación en formato pdf ou Power Point que deberán ser entregados ao profesor na data oficial do exame.
-Na oportunidade de xullo recuperarase a proba oficial.
-Os/As alumnos/as que non fagan a súa presentación acadarán a cualificación de NP
-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto co profesor o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte.
-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).