Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.
O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor.
Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o
restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto
co profesor a través do correo electrónico.
Para superar a
materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e
obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 na proba
obxectiva.
As persoas que se presentaren á segunda oportunidade
(xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de
avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren
superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4
valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).
Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.
Os
traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser
incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio
e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se
producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e
poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da UDC.