Lecturas |
O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula.
|
Traballos tutelados |
En torno aos diferentes temas proporase a realizaciónde, como mínimo, tres traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Así mesmo, poderá requerirse da realización dalgún traballo tutelado de carácter individual. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. A través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos e, finalmente, incorporaranse como anexos ao portafolios do alumnado. |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia. |