Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos, en concreto nos dominios psicomotriz, cognitivo, lingüístico, social e afectivo-emocional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se producirán cambios, xa que os contidos están íntegros na plataforma virtual Moodle
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades de Avaliación inicial.
Faranse a través de reunións programadas vía teams nos módulos horarios de docencia expositiva con cada grupo interactivo
- Sesión maxistral.
Poderá facerse virtualmente (durante os módulos horarios de docencia expositiva) para algúns apartados do temario que revistan maior dificultade ou sexan obxecto de actividades nos traballos tutelados; no resto, resolveranse dúbidas conceptuais, individuais ou grupais, vía teams, durante os horarios de docencia expositiva.
- Traballos tutelados.
As actividades colaborativas serán guiadas/orientadas virtualmente a través de reunións con portavoces grupais ou chats a través de teams nos módulos horarios interactivos ou indicacións/aclaracións realizadas a través da plataforma moodle.
- Investigación (Proxecto de Investigación). Os datos serán proporcionados. senón se pode acudir aos centros escolares para a súa recollida.
- Proba de ensaio (Modalidade B de avaliación)
Mantense a proba cos cambios que se indican no apartado de avaliación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada realizarase durante os módulos horarios da materia interactivos e horario de titorías (para a Modalidade A) e en horario de titorías (para a Modalidades B de avaliación)
4. Modificacións na avaliación
Modalidade A de Avaliación. Non se realizarán modificacións na avaliación
Modalidade B de Avaliación.
A proba de ensaio será asíncrona de longa duración con material. con preguntas referidas tanto aos contidos teóricos como prácticos. No día e hora da mesma marcado polo centro, convocarase ao alumnado a unha reunión en teams para a entrega da proba; unha vez realizada entregarase vía moodle.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán modificacións na bibliografía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías