Descrición xeral |
A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación forma parte do plan de estudios do grado en Educación Infantil, se cursa no primeiro curso e é unha materia de Formación básica de 6 créditos ECTS.
Os estudios conducentes ao Grado en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social.
Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados.
A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información gracias as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de productividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.
Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudiante na súa construcción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando, por exemplo, o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente.
A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do primeiro curso do plan de estudios como poden ser Deseño, desenvolvemento e avalización do curriculum, Socioloxía da educación ou Valores e educación para a igualdade.
|
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
1. Sesion magistral.
2. Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación).
3. Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
a) Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, e de “foros
de actividade específica” das Tareas correspondentes a os módulos dos contidos teóricos da materia.
– Plataforma Office: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle |