Esta materia está orientada a consolidar e profundizar a formación do profesor de Educación Infantil, dende a Educación Matemática.
Pretende:
-Consolidar a formación matemática necesaria que permita ter un coñecemento profundo dos contidos matemáticos básicos que configuran o currículo da Educación Infantil.
-Coñecer e exemplificar o carácter interdisciplinario e construtivo das matemáticas e a utilidade do coñecemento matemático.
-Capacitar para consultas e traballo documental sobre o currículo de matemáticas en Educación Infantil e aspectos xerais da Didáctica da Matemática.
-Fomentar o espírito crítico e investigador e a capacidade de expresarse con claridade, precisión e rigor; lograr o desenvolvemento de competencias de autoformación de traballo cooperativo.
-Coñecer os medios, materiais, e recursos usuais na ensino-aprendizaxe das Matemáticas en Educación Infantil.
-Adquirir destrezas no emprego de instrumentos, técnicas e material didáctico na área de matemáticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.
*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías