ALUMNADO ASISTENTE:
Se considera asistente ó alumnado que asiste ás clases interactivas na aula e que fai a presentación oral virtual. A presentación oral a farán a través de Moodle realizando unha grabación da presentación. Será unha presentación grupal. Este alumnado deberá, por tanto, facer a súa presentación, facer o seu exame específico, presentar o estudio de caso según indique a docente responsable e traballar nas simulacións na aula. A matrícula de honra se concederá a partir de 9,5. Para solicitala se fará un escrito razoado dirixido á docente da asignatura. Pode enviarse a través de correo electrónico.
A calificación do alumnado asistente depende do cálculo de xogo de roles, estudo de caso, exame e presentación oral. A nota ha de ser de 5 para ter aprobado pero contando coas aportaciones de cada un dos apartados de evaluación. Cando a asistencia ás clases interactivas sexa menor do 80%, poderá incorporarse ás actividades da aula pero fará o exame como alumno/a non presencial. E poderá facer a simulación na aula ou facer a actividade fixada para o alumnado con dispensa.
ALUMNADO NON ASISTENTE: Se considerarán como tales aqueles que se acollan á modalidade non presencial (con dispensa) e aqueles que non cheguen ó 80% de asistencia ás clases interactivas. A súa calificación dependerá da nota do exame, que será específico para este alumnado.
O exame será tipo test e nel se incluirán preguntas de todo o dado na materia, tanto nas clases teóricas como nas interactivas.
Se considera aprobado so a partir de 5. O exame é o 75% da nota. O 25% restante é o traballo de simulación ou de estudo de caso.
Docencia non presencial. En caso de confinamento ou imposibilidade de impartir ás clases interactivas, o calquera outra circunstancia sobrevida, o alumnado asistente fará o seu exame a distancia a través de Moodle. A exposición a fará a través de Moodle realizando unha grabación da presentación como na opción presencial. O xogo de roles e o estudo de caso se agruparán en unha única avaliación, de modo que xogo de roles e estudo de caso suporán o 40% da nota e se indicarán as actividades que deberán realizar e cómo deberán facelas non presencialmente.
No caso do alumnado con dispensa farán o seu exame específico como non asistentes a distancia a través de Moodle ou outra plataforma.
Se indicará cómo farán para entregar o traballo de simulación ou o estudo de caso.