Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral
Dentro do perfil formativo do Grado en Educación Infantil contémplase esta asignatura (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.
Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Infantil xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir por unha banda que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e por outro supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no seu desenvolvemento profesional.
Os coñecementos aportados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Grado en Educación Infantil non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grado en Educación Infantil no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo motor; teorías e clasificacións dos xogos motores; o xogo e a súa evolución na etapa infantil; o xogo como recurso didáctico; deseño e desenvolvemento de actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos; os recursos para o xogo: materiais e espazos; educación rítmica a través dos xogos con cancións; propostas prácticas para a educación a través do xogo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Actividades iniciais.
- Aprendizaxe colaborativa (computa na avaliación).
- Sesión maxistral.
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Proba de resposta breve (computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican
- "Actividades iniciais", "Simulación", "Saidas de campo" e "Práctica de actividade física" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados” e “Probas de resposta breve”).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
–Mantense a labor prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías