A atención á diversidade é un dos elementos claves a desenvolver no sistema educativo.
Resulta de especial importancia que o profesorado de Infantil teña sexa consciente da necesidade de adoptar modelos de traballo que favorezan o desenvolvemento persoal de todo o alumnado, independentemente das necesidades e características que teña cada alumno e alumna.
Por este motivo, é imprescindible que o futuro docente teña coñecemento de modelos de traballo de planificación e desenvolvemento da acción docente para responder ás necesidades de todo o alumnado, entre eles e elas, o que é destinatario da Educación Especial; daranse a coñecer experiencias educativas; procurarase a formación na elección, adaptación e elaboración de materiais e recursos educativos nunha aula na que hai alumnado con diferentes ritmos, intereses, necesidades, etc.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Sesión maxistral.
– Discusión dirixida (computa na avaliación).
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación).
– Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
Proponse Actividades Interactivas para artellar un seguimento e asesoramento as aprendizaxes dos estudiantes. Empréganse as ferramentas de Moodle e Teams para implementar as diversas metodoloxías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
4. Modificacións na avaliación
Estudio de casos: realizados a través de Moodle e presentados a través de Teams. 20%
Análise de fontes documentais: Realizadas a través de Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30%
Actividades interactivas: realizadas en Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30%
Proba Mixta: Examen a través de Moodle. 20%
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
d. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación, excepto no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que leve a cabo a docencia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías