- É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.
- Non se admitirán traballos
dos que a profesora non teña constancia da súa realización.
- Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a
realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán
colgadas no Moodle.
- Os traballos presentaranse en formato dixital e
sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo,
materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|