Os estudantes que asistan ao 80% das clases realizarán os traballos tutelados en grupo, sendo estos o 60% da nota, e a proba mixta, sendo esta o 40% da nota. En ambas partes deberá obterse un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Os estudantes que non asistan de manera xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar de forma individual os traballos tutelados, sendo estos o 30% da nota, e a proba mixta, sendo esta o 70% da nota. En ambas partes deberá obterse un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Este modelo de avaliación aplicarase nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. De non superar a materia na 1º e 2º oportunidades, e só no caso do alumnado que asistira ao 80% das clases, a nota dos traballos tutelados poderá conservarse para as oportunidades do curso vindeiro.
Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica especial terán as mesmas condicións de avaliación descritas.
DE NON PODER LEVAR A CABO AS CLASES DE FORMA PRESENCIAL POR MOR DO COVID FARÁNSE DE FORMA ONLINE A TRAVÉS DE TEAMS E MOODLE. NON SERÁ NECESARIO FACER CAMBIOS NIN NAS ACTIVIDADES NIN NA AVALIACIÓN XA QUE PODERANSE REALIZAR DE FORMA VIRTUAL.