Deseño e desenvolvemento curricular da educación física
Código
652G02014
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Carretero García, Miriam
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia supón a introdución da Educación Física (EF) no grao de Educación Primaria. Por este motivo comezamos cunha contextualización da EF na Etapa Primaria. En segundo lugar, analízase o currículo da materia, relacionándoo cos dominios de acción motriz, xa que estas dúas referencias serán a base do proceso de programación durante o curso. En terceiro lugar afróntase o proceso de programación a través da concreción o currículo (competencias, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, metodoloxía, avaliación, etc.) e tamén a posta en práctica da mesma a través das sesións de actividade física. Por último, faise unha aproximación aos plans de centro que fomentan estilos de vida activos e saudables, como os "proxectos de centros activos" ou, na nosa comunidade autónoma, os "proxectos deportivos de centro".
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Análise de fontes documentais.
– Aprendizaxe colaborativa.
– Sesión maxistral.
– Presentación oral.
– Traballos tutelados.
– Probas de resposta breve.
– Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Práctica de actividade física e saídas de campo (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal, coa seguinte redacción: “Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías