Primeira oportunidade (maio/xuño).
Alumnado que acude ao 80% das sesións
interactivas:
A cualificación final será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
- Sesións interactivas (actividades
prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria
e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á
participación do alumno nas sesións programadas e/ou á calidade e
orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto
de forma grupal como individual). Supón un 20% da cualificación
final.
- Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente
dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a través de Moodle, as
características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas
de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo
nin entregas a través do correo electrónico).
Presentaranse na aula e se
entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
facelo, a cualificación será de 0. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Supón un 40 % da
cualificación final.
- Proba individual global de
avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.
Para obter unha cualificación de aprobado,
é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos
apartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O
alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da
materia corresponderá á parte suspensa.
Tanto o alumnado que non acude
ao 80% das sesións interactivas, os estudantes con dispensa pola súa situación
de vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia
a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación
ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
Deberán
poñelo en coñecemento do profesorado na primiera semana de clase.
A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos
seguintes apartados:
- Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel).
A súa asistencia non será obrigatoria. A cualificación deste apartado está
condicionada á calidade nas entregas das tarefas requeridas polo
profesorado. Supón un 20% da cualificación final.
- Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades
académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados
a través de Moodle, as características e datas de entrega serán
comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles
traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
electrónico). Presentaranse virtualmente e se
entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
facelo, a cualificación será de 0. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Supón un 40 % da
cualificación final.
- Proba individual global de
avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.
Segunda oportunidade (xullo).
A avalicación farase do mesmo xeito que na
oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se
teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas, traballos tutelados e/ou
proba escrita individual).
Tanto no caso
dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao
80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final
será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas tarefas, traballos
tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre
10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non
superada.
NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:
·
A cualificación de sesións
interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico.
·
Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán
a puntuación final.
·
O plaxio detectado nos traballos de avaliación entregados será
motivo de suspenso na asignatura.