Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Didáctica da expresión musical |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Valoración dos coñecementos previos do alumnado. |
Traballos tutelados | Realización colectiva dunha proposta didáctica que constará de dous partes: 1. Fundamentación teórica do tema e dos recursos que se empregarán na proposta e que será obtida a través da revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais. 2. Deseño dunha actividade didáctica na que sexan indicados os obxectivos, contidos e criterios de avaliación. Esta actividade será escenificada e gravada en vídeo polos compoñentes de cada grupo e basearase no movemento corporal asociado á música, contando, entre outros, cos seguintes recursos: • Interpretación ou creación de coreografías. • Dramatización musical • Creación de xogos musicais. • Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc. |
Obradoiro | Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica: 1. Interpretación vocal. 2. Interpretación instrumental. 3. Práctica auditiva 4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical. |
Proba mixta | Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido. |
Prácticas a través de TIC | Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados). Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan. |
Sesión maxistral | Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as. Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia. |
|