Esta materia pretende completar a formación en Educación Matemática dun futuro mestre de Educación Primaria.
Nesta materia describiránse e analizaránse os procesos de ensino-aprendizaxe das Matemáticas na etapa de Educación Primaria, favorecendo o coñecemento de métodos, técnicas e recursos para o seu traballo na aula.
Tamén se quere mostrar o papel que representa a Matemática na sociedade actual e o papel que xoga no camiño hacia unha educación crítica, interdisciplinar e multicultural.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, pero se non se poden facer en formato presencial faranse en formato online a través da plataforma Moodle ou en Microsoft TEAMS.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Por MOODLE, xa dende o inicio de curso estaranse a actualizar contidos durante o transcurso da materia, faranse entregas de tarefas, probas online, informar sobre a evolución da situación académica, etc.
O canle de Microsoft TEAMS está sempre a disposición dos estudantes que queiran comunicarse por este medio, para titorías síncronas, aulas, discusións dirixidas, resolución de dúbidas, etc.
Por Correo Electrónico tamén se atenderá dúbidas, inquedanzas sobre a materia, etc.
4. Modificacións na avaliación
A proba final presencial
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías