Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral
Dentro do perfil formativo do Grao en Educación Primaria contémplase esta materia (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.
Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Primaria xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir, por unha banda, que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e, por outro, supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no futuro para o traballo do resto de bloques de contidos.
Os coñecementos achegados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado en Educación Primaria non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grao en Educación Primaria no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo; fundamentos teóricos do xogo motor; a evolución do xogo na etapa de Educación Primaria; o xogo como contido e como recurso metodolóxico; deseño de propostas de aprendizaxe a través do xogo motor; materiais didácticos para o xogo e propostas prácticas para a educación a través do xogo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados.
- Sesión maxistral.
- Aprendizaxe colaborativa.
- Probas de resposta breve.
- Presentación oral.
*Metodoloxías docentes que se modifican
"Práctica de actividade física", "Simulación" e "Actividades iniciais" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve” e "Aprendizaxe colaborativa").
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mantense a actividade prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías