Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación
mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: Ao alumnado participase nun 80% das horas presenciais na primeira
oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación
mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas
que non alcanzase ese mínimo.
O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da
materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención
de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de
avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba
mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da
Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da
materia.
NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e
“Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de
seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de
continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas
metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o
desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse
ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación
oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”).