A materia “Expresión corporal e adaptacións curriculares” forma parte dos estudios do Grao en Educación Primaria no módulo de “Educación Física”. Trátase dunha materia optativa da mención de Educación Física. Impártese no terceiro curso, é unha materia de 4,5 créditos, o que representa 112 horas de traballo do estudiante. Esta materia facilitará ao alumnado comprender a relevancia do traballo da expresión corporal no eido da educación integral do neno así como analizar os beneficios da súa práctica. Por outra banda coñecera as distintas adaptacións curriculares a realizar na Educación Física para o alumnado con diversidade funcional. O alumnado adquirirá unha serie de competencias para o deseño de propostas educativas de expresión corporal así como para confeccionar adaptacións curriculares individuais en nenos con N.E.E.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Probas de resposta breve.
- Análisis de fontes documentais.
- Aprendizaxe colaborativa.
- Sesión maxistral.
- Traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Práctica de actividade física e saídas de campo (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal, coa seguinte redacción: “Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías