Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia está orientada a que o alumnado coñeza tanto os textos básicos da literatura infantil e xuvenil, coma as distintas formulacións didácticas que se poden aplicar a estes textos segundo os niveis e fases da educación primaria. O seu obxectivo fundamental será que o alumnado, futuros mestres e mestras, posúan os instrumentos suficientes para moverse neste terreo, sexa crítico coas propostas ofrecidas polo mercado e estea en disposición de encontrar os libros axeitados para a animación á lectura non ámbito escolar.
Neste contexto a idea é que a LIX e a súa didáctica sexan o recurso educativo principal da área da linguaxe por: a) a súa capacidade de motivación, b) a relación que se establece nas súas formas e contidos entre o ámbito familiar e o escolar, c) o papel que desempeña na elaboración dunha cultura común (cos seus compañeiros e compañeiras) e propia (a lectura persoal motivada polas súas propias características), d) fomenta o desenvolvemento da competencia comunicativa, esencial na socialización escolar e xeral, e) facilita e amplía a adquisición do código escrito, esencial no proceso educativo, e f) proporciona as bases para descubrir e ampliar o acceso ao feito estético, tanto na literatura coma nas áreas asociadas (expresión corporal, musical e plástica).
Plan de continxencia
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se modifican as metodoloxías
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En caso de situación de alarma, atenderase ao alumnado no horario de titorías, e noutros horarios, polos seguintes medios:
- Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados.
- Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para desenvolver contidos teóricos ou traballos titorizados na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións (ou máis segundo demanda do alumnado) en pequeno grupo, para seguimento e apoio dos “traballos titorizados”.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións en canto ás metodoloxías empregadas, agás que se presentarán de forma virtual.
*Observacións de avaliación:
A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías