No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse
en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir
impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible,
evitar a impresión de borradores. NOTA: as metodoloxías
de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no
caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de
seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de
aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas
metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión
maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta
breve”) . |