A materia presenta un percorrido polas principais correntes pedagóxicas contemporáneas, desde unha perspectiva teórica, antropolóxica, política e social, para comprender as chaves da acción educativa. O obxectivo é coñecer e reflexionar sobre os contextos que interveñen e posibilitan (ou non) a educación. O enfoque da materia é práctico-reflexivo, no que se teñen que aplicar os coñecementos teóricos na análise da realidade, identificando as características máis salientables de cada proposta teórica en prácticas socioeducativas reais.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Análise de fontes documentais.
- Discusión dirixida.
-Recensión bibliográfica.
-Sesión maxistral.
- Aprendizaxe colaborativa.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Eventos científicos e/ou divulgativos. Primaranse os eventos con un aforo suficiente para poder asistir e/ou os que permitan un acceso virtual.
-Presentación oral. Dependendo do aforo máximo das aulas podería celebrarse de xeito virtual gravando a presentación e presentándoa por Teams.
-Proba de ensaio. Realizarase de xeito telemático.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Haberá “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización das “presentación orais”.
4. Modificacións na avaliación.
Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
Mantense. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías