Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Ter en conta os principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas). Traballárase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |